Estas cookies son necesarias para o funcionamento do sitio web e non poden ser desactivadas nos nosos sistemas. En xeral, só se establecen en resposta a accións realizadas por vostede que equivalen a unha solicitude de servizos, como establecer as súas preferencias de privacidade, iniciar sesión ou encher formularios.
Cookies utilizadas Obrigatorias
Ti es o centro das nosas reflexións para desenvolver os espazos do teu fogar, as túas necesidades, os teus costumes. Porque ti es diferente...buscas tamén algo diferente. O noso principio básico: nada sobra e nada falta.
Un equilibrio perfecto para o aproveitamento do espazo. Queremos enriquecer a túa vida deseñando para ti, respondendo adecuadamente aos teus desexos e esixencias máis persoais.
Xs interiores axúdache a gozar da túa cociña, transformándoa en lugares de encontro. Queremos formar parte do teu fogar, axudándoche a crear espazos cálidos e acolledores onde compartir eses momentos tan especiais coa túa familia e amigos.
É aí onde transcorre a vida...son momentos Xs..conectando os materiais coa esencia do humano.
Nada en Ourense, estudou Arquitectura de Interiores e arte publicitario, na Escola de arte Superior Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Conta cunha amplísima experiencia profesional como interiorista, e responsable de tenda de reformas e interiorismo, durante os últimos 25 anos.
Xs interiores conta cun equipo humano para montaxe e reformas, formado polos mellores profesionais do sector. Coidamos cada pequeno detalle. A perfección alcánzase só artesanalmente e con mimo.
O noso principal activo é contar con clientes satisfeitos co resultado dos nosos traballos, e iso pasa por un "compromiso Xs interiores" de seguimento de cada un dos nosos proxectos de principio a fin.
Situado no corazón da cidade de Ourense, e moi próximo ao Centro Comercial Ponche Vella, poderás atopar o estudo de interiorismo XS. Un espazo acolledor onde deseñamos e ofrecemos todo tipo de solucións creativas para a túa cociña, baño e fogar. No noso estudo ademais, sentirás como na túa casa.
A nosa filosofía é o trato próximo, a confianza e a fidelidade dos nosos clientes. Tempo, compromiso e profesionalidade.
Coidar os detalles e acabados. Compromiso XS interiores ofréceche un seguimento total das obras, desde o proxecto inicial ata o control de calidades e a finalización dos traballos. Para a túa seguridade e tranquilidade, encargámonos de todo de principio a fin. Estás nas mellores mans.
Iniciamos unha nova etapa, pero contamos cunha acreditada experiencia e solvencia profesional. Unha dilatada traxectoria ás nosas costas, deseñando e decorando fogares de Ourense e Galicia. Centos de clientes satisfeitos son o noso mellor aval. Poñemos toda a paixón en cada traballo. Evolucionamos para responder os retos e demandas do futuro.